O que queda do naufraxio

segunda-feira, maio 22, 2006

Eu tamén navegar!

Dende nena, sempre me apaixoaron dúas cousas: navegar e escribir. A navegar, ou máis ben a soñar con navegar, aprendín das mans rexas de meu avó, un mariñeiro dunha vila onde case ninguén lembra xa que houbo mariñeiros. Mais aí está el, un home de mar e de vento, para recordarmo: "somos unha vila de auga e terra, Mariíña", díxome un día. A min enchéronseme os ollos de bagullas cativas e intensas, non puiden evitalo. Porque non podía parar de pensar na vila que eu coñecín de pícara e na que hai agora, na que el me ensinou e na que lle hei ensinar eu aos meus netos, tan diferente e tan escarallada. O que amostra agora a Vila son, realmente, os restos dun naufraxio. E dun naufraxio colectivo.

A escribir aprendín das historias deste mesmo home, tanto me podía falr baixiño de Paspallás, un veciño que a min moito medo me daba, como contarme e cantarme os cantares da festa e do entroido da Vila. A escribir aprendín tamén das palabras dos libros da miña nai mestra, que tanto me agasallou e me ensinou á vez. A escribir aprendín escribindo cartas que aínda escribo e que me fan falar con amigos e amigas que fican lonxe fisicamente ou que gozan coa letra escrita nun sobre con destino eles/elas.

A navegar e a escribir quero aprender agora con estas liñas, as primeiras tras o naufraxio. A idea de comezar a singradura deuma unha nova amiga que teño, unha desas persoas que te reconcilian coa vida. Así que... eu tamén navegar!!!

3 Comments:

  • At 10:44 PM, maio 23, 2006, Anonymous iria said…

    hola irmá! Teño que agradecerte esta fermosa entrada no teu blog porque a verdade que é destas cousas que ti escribes que emocionan. a pesares de que ti chegaches oito anos antes ca min eu tamén mamei esa paixón polo mar e pola navegación da que tanto fal a o noso queridísimo Toni.

    falas do que era esta vila cando eras pequena e enchéseme a cabeza de recordos da infancia como a famosa plataforma na que tantos días pasei nos meses de xuño agosto e setembro mergullándome como unha tola e baixo a vixilancia de Tonitiño.
    Agora deso só quedan recordos porque na actualidade iso é unha costa chea de cemento para que os 100 vellos dos viaxes do inserso poidan pasear...

    A verdade que a túa paixón de escribir ven de lonxe e xa non digamos a de ler, e agora comprendo todas as riñas que levei despois de facerte algunha que outra firmiña cos meus famosos rotus (carioca) ou as miñas queridísimas plastidecor nas primeiras follas ou onde me cadrara da túa colección de libros do Braco de Vapor.
    Bueno Mari lembrar cousas coma estas son as que valen a pena, un bicazo de iria.

     
  • At 10:05 AM, maio 24, 2006, Blogger Pés de naufragha said…

    Ola Iri... Non está mal este comentario, perfeccionando o teu galego (aínda que "hola" en galego é sen "h", xa sabes que son unha filóloga absolutamente repunanta). Moitas grazas por lembrarme o dos meus libros e todas esas cousas que me pos. Menos mal que che dixen que "mutis" co do blog. Sédeme discretas. Un bicazo

     
  • At 9:59 PM, junho 16, 2006, Anonymous Ghanito said…

    Como non tes un contacto deixo este comentario aquí pero agardo que o apagues unha vez o leas:
    Semella que hai un problemiña ca plantilla nas ligazóns, bótalle unha ollada.
    Saude.

     

Postar um comentário

<< Home