Xornais para os pícaros e pícaras
Alá polo 1922, Ramón Cabanillas puxo en marcha unha sorte de xornal infantil, As Roladas. A publicación só chegou a ter dous números, mais debemos aplaudir a afouta empresa "ao servizo do rapaciño galego, home do alén", como o di nesas páxinas o de Cambados. Nela participaron Castelao, Risco, Portela Valladares, Villar Ponte e outros deses homes que sentiron Galiza como soño e como realidade.
Hai 32 anos, o xornal La Región distribuía os sábados unha publicación dedicada aos máis novos e novas da casa: Axóuxere. Da man do mestre Paco Martín, axudado por Ulises L. Sarry (que se ocupaba da banda deseñada) e de Xan Balboa, esta revistiña tentaba educar a toda unha xeración en galego e con contidos galegos. Era outro xeito de achegar aos rapaces e ás rapazas o idioma e a cultura do país: había encrucillados, concursos culturais, explicacións sobre persoeiros e lugares senlleiros da terra, un vocabulario galego e mesmo se incorporou unha "escola de lingua galega" que redactaba o profesor Xesús Alonso Montero. Aínda que logo houbo outras iniciativas, dende a tamén setenteira Vagalume ata a última Golfiño, as tentativas de prensa infantil no noso idioma pouco callaron. Igual era este o momento de deixar de xogar ás agachadas coa política lingüística e comezar a promover iniciativas deste tipo, porque é necesario, como dicían os responsables dese pioneiro Axóuxere:
“…darlle ao neno galego parte do que endexamais tivo. O rapaz da aldea, que fala galego na casa, cos seus amigos mentres xoga, que pensa en galego, porque esa é a linguaxe na que escomezou a falar, atópase con que todo está en contra súa” (Número do 21-IX-74. Sección “Cartafol”)
E agora, consonte aos novos tempos, é necesario darlle ao rapaz e á rapaza galega de vila e de cidade, elementos atractivos na nosa lingua, para que se engachen a ela como loita contra a globalización e a deslocalización, mais sobre todo como arma pacífica para poder enfrontar o futuro sendo conscientes de quen son, de onde proceden e cara onde van. O galego quere ser un arma cargada de futuro.

11 Comments:
At 9:19 AM, junho 29, 2006,
F. Miguez said…
Será que hoxe me levantei emprendedor pero... ¿E montar un blog colectivo para cativos?
At 1:42 AM, junho 30, 2006,
torredebabel said…
eu tamén estou emprendedora, e montar unha revista mensual que se poda ler alá e acá (na Arxentina e para nenos de familias galegas)?
At 10:15 AM, junho 30, 2006,
Pés de naufragha said…
As dúas ideas, que penso que se poden unificar nunha soa, parécenme marabillosas. Eu, dende hoxe mesmo, vou ter o blog un chisco abandonado porque vou pasar unha quincena nas Illas Cíes, desconectada de todo. Mais ide pensando ideas para montar o asunto... Que tal a partir de setembro?
At 3:40 PM, junho 30, 2006,
Torreira said…
Cunha naufraga coma voçe que sorte teñen as Cies...lembra de coller o barco para contarnos a experiencia Robinsoniana
At 1:04 AM, julho 13, 2006,
airadasenra said…
Iste pais necesita un gratuito en galego con cuadernos semanais para nenos, deportes, libros, cine, danza, teatro... O do gratuíto non entendo como ainda naide se puxo mans a obra... ha mercado, ha publicidade para que sexa rentabel, há apoio institucional...¿¿¿???
At 11:02 PM, julho 27, 2006,
Torreira said…
SOS...que cha che pasaron os 15 dias de permiso e se lle bota de menos
At 2:22 AM, julho 28, 2006,
torredebabel said…
sisi, eu tamén botoche de menos!
At 12:37 AM, agosto 07, 2006,
Pés de naufragha said…
Xa volvín, rapazol@s. Aínda que recoñezo que estes días a naufragha andou máis despistada do normal...
At 2:36 PM, fevereiro 16, 2007,
Anônimo said…
Search engines try it
Casino
viagra
tramadol
cialis
At 8:00 AM, fevereiro 20, 2007,
Anônimo said…
Latest news. Viagra, cialis
viagra
cialis
tramadol
At 7:32 PM, março 31, 2007,
Anônimo said…
Best flower for you girlfriend
BEST FLOWER
soma or here phentermine
Postar um comentário
<< Home