O que queda do naufraxio

domingo, agosto 06, 2006

As cousas pequenas

Cheguei das illas e neste mes pasaron días, horas e minutos que pareceron anos. Demasiadas cousas vividas con moitísima intensidade. Cousas de todas as cores. Cousas en branco e negro. Cousas grandes e medianas. Tamén cousas pequenas. Sempre pensei que ao final, deste tipo de cousas, das cousas pequenas, está feita a vida. Un sorriso sincero. Un solpor fermoso. Un poema que nos chegue. Unha cativa falando galego. O agarimo dun amigo. O agradecemento de alguén. A auga salgada correndo pola caluga. Unha flor de papel feita paraa ocasión. Un manxar saboroso. Un bico espontáneo. A area baixo os pés. Unha mensaxe inesperada. Unha man que nos volve facer palpitar. Un agasallo porque si e non porque o obriga o calendario. A vida!

3 Comments:

Postar um comentário

<< Home