O que queda do naufraxio

terça-feira, agosto 22, 2006

Lugo dende o aire


Foi hai case un mes, mais teño as imaxes e as sensacións moi presentes na miña memoria. Iamos tres soñando que aquela avioneta pequerrecha non existía e cada un de nós eramos un paxaro, un ave sobrevoando o Lugo romano e os seus arredores, buscando acubillo na súa muralla ou algo máis aló, no Castro de Viladonga, onde sabemos que case que todos as tardes, aves coma nós procuran acubillo no lugar en que viviron os nosos antergos. Lugar que, por certo, seguimos descoñecendo moito, quizais porque nos dá preguiza saber de onde vimos nós mesmos. Mágoa!

3 Comments:

Postar um comentário

<< Home