O que queda do naufraxio

terça-feira, agosto 08, 2006

Un tesouro na memoria


Hoxe vin a dous nenos xogando na rúa. Estaban embaladísimos, con cara de felicidade, imaxinando no medio dunha praza que as dúas enormes caixas de cartón que os envolvían eran dous coches xigantes, a cada cal máis veloz. Mireinos devagariño, longamente, coma se estivese vendo unha milagre, sorrín e pensei que quizais estaban os dous en cadanseu coche e a trabucada era eu. Había demasiado tempo que non ollaba ningún cativo brincar nas rúas da vila onde naufraguei con esa inxenuidade e con ese convencemento de que o mundo todo cabe nunha simple caixa de cartón. E pensei que os enganamos enchéndoos innecesariamente de cousas que nin lles dan a ledicia da infancia nin lles axudan a ser mellores persoas. E viñéronme á cabeciña todas as argalladas coas que andaba eu cando nena: dende as agochadas e o Tío Roquiño (unha sorte de agochadas regueifeiras que penso que inventou meu avó para min) polo meu barrio, ás bólas no xardín pequecho de diante da casa, ao trompo bailado en calquera lugar chan, á mariola debuxada no medio da rúa, á corda saltada e cantada na escola, ata as "comidiñas" que eu preparaba soñando que vivía en Nova York, o meu nome era Jennifer (sempre tiven bo ghusto para isto dos nomes!) e era unha moza independente e garrida "a la par que sencilla".
Albiscando na propia memoria atopamos o propio tesouro: as veces que soñamos que unha caixa de cartón era un coche!

3 Comments:

  • At 12:22 AM, agosto 09, 2006, Blogger torredebabel said…

    eu son moi afortunada porque o meu fillo de 2 anos traeme ese mundo no que as caixas de cartón eran coches todos os días. Hoxe, por exemplo, tiña unha golosina na man e xogaba que falaba co avó por teléfono. Non fala moito que digamos, pero decíalle ao avó que viñera a xogar con él: "Pa", dicía. E logo como o de "vení a jugar conmigo" xa lle era moi dificil puña a galosina fronte e movía a man cara abaixo cun xesto de decir "ven" para que o avó puidera velo a través da golosina-teléfono. Outras veces fai un omnibus con duas cadeiras e cada noite vaise durmir cun leon de tela ao que lle canta. Un tesouro. Moi ben o dixeches ti...

     
  • At 11:58 AM, agosto 09, 2006, Blogger SurOeste said…

    Encántame sentir o barullo dos nenos xogando.

     
  • At 7:59 PM, agosto 09, 2006, Blogger Torreira said…

    A infancia e a pilula da imaxinación...que pena que non se venda en algunha parafarmacia

     

Postar um comentário

<< Home