O que queda do naufraxio

sábado, setembro 02, 2006

Non sei



"Ás veces un quere e non pode dicir nada.
Non sabe"

-Xosé Luís Mosquera Camba. A tensa calma da catapulta-

12 Comments:

  • At 1:36 PM, setembro 02, 2006, Blogger Torreira said…

    Baixa da avioneta e escribe que seguro que sabes...outra cousa e que non queiras...

     
  • At 2:37 PM, setembro 02, 2006, Anonymous Marinha de Allegue said…

    A imaxe é fermosa...

    Unha aperta.
    :)

     
  • At 4:09 PM, setembro 02, 2006, Blogger Pés de naufragha said…

    Torrei, quizais o que me pasa estes días é que teño ganas de dicir demasiadas cousas que non me saen... Grazas polos ánimos, de todos xeitos. E alédome de que che gustase a imaxe, Marinha. Apertas para os 2!

     
  • At 9:33 PM, setembro 02, 2006, Anonymous SZ said…

    se quero, podo, pero ás veces tamén sucede, que sabemos que sempre nos mostramos no dicir.

    Unha aperta
    :)

     
  • At 3:32 PM, setembro 03, 2006, Blogger Lúa- Haberlas, hailas... said…

    Ou non quere...apertas

     
  • At 2:25 AM, setembro 04, 2006, Blogger torredebabel said…

    ti podes e sabes. Ben o sabemos os que vimos por acá a cotío...

     
  • At 12:46 PM, setembro 04, 2006, Anonymous maruxía said…

    Meu sol, claro que sabes!! De novo parabéns por todo isto co que nos agasallas.

    E non podo deixar de dicirche, pequena naufragha, que me sinto ben orgullosa que amoses esa provincia medio despoboada e descoñecida que é Lugo e que tanto quero!!

    De moi cativa leváronme a Viladonga e pasaron mooooitos anos dende aquela pero as imaxes que aquela sorprendida nena polo que vía e as explicacións dun mundo que xa deixara de existir non serán esquecidas nunca.

    (Obrigada por facerme volver ata ese máxico lugar...)

    Ánimo! que te acompañamos moitos naufraghos neste mare!!

     
  • At 9:56 PM, setembro 04, 2006, Blogger X said…

    O abismo entre a vontade e a palabra ás veces é coma o máis alto cantil, ao saltar inevitablemente sae o berro indomable.
    Un saúdo.

     
  • At 11:20 AM, setembro 05, 2006, Anonymous náufrago said…

    Que misterio a vida,que ás veces non hai palabras para explicala. Por iso existe a poesía, esa fotografía de instantes.

     
  • At 9:03 PM, setembro 05, 2006, Blogger SurOeste said…

    Ui, ui ui, Reserva da dama?

     
  • At 9:51 AM, setembro 06, 2006, Anonymous Gemma said…

    Ola guapa! Hai un ou dous días puxen unha mensaxe no foro de Francisco Castro (A canción do náufrago), e ti dixeches que che gustaba escribir cartas. Queríache dicir que a min tamén, cheguei a ter na miña adolescencia ata trinta amigas por carta de moitísimos países do mundo (Xapón, Chile, Finlandia, Estados Unidos, Exipto...). Agora, co paso do tempo, só manteño correspondencia cunha rapaza de Italia, pero adoro escribir cartas!

    E nada, entrei para saudar, e para botarlle un ollo ao teu blog, que me está a gustar moito!

     
  • At 10:54 AM, setembro 06, 2006, Blogger Pés de naufragha said…

    Náufrago, compañeiro, tes toda a razón do mundo: menos mal que existe a poesía para as cousas que queremos dicir e non podemos. Suroeste, si, estou en plan "reserva da dama", mais pasarame hoxe... E a ti, Gemma, moitas grazas polo que dis: non tanto polo do blog (que tamén che agradezo moito, evidentemente), senón polo que contas da túa experiencia coas cartas. Sen ser tan internacional, algo semellante fago eu (resérvomo para contalo logo nun post!). Bicos para os 3, en todo caso.

     

Postar um comentário

<< Home