Os cazadores de bolboretas

"Algunos corpiños como filo, que quería decir amistad, y logos, que quería decir palabra, abrigaban mucho, y permitían variaciones muy interesantes. Ella un día los puso juntos y resultó un personaje muy seductor: el filólogo o amigo de las palabras. Lo dibujó en un cuaderno tal y como se lo imaginaba, con gafas color malva, sombrero puntiagudo y en la mano un cazamariposas por donde entraban frases en espiral a las que pintó alas. Luego vino a saber que la palabra filólogo ya existía, que no la había inventado ella. (...) Y ella les daba alas a las palabras, porque era su amiga, y ser amiga de alguien es desearle que vuele."
-Carmen Martín Gaite-
E iso vos desexo eu a vós, que sigades sendo filólogos e filólogas, compañeiros e compañeiras das palabras, facendo que voen e que a súa semente se estenda e esté en todas partes, como fai o vento rabudo nos días de treboada. E se algunha vez xogades a imaxinarme, e ata a ollarme, facédeo por favor con esas gafas violetas e ese sombreiro puntiagudo (aínda que eu prefiro a boina) que seica usamos as filólogas. E pensade que mentres nunha man levo o cazabolboretas, na outra teño a agulla, para seguir consendo e remendando verbas. Mentres, eu soñarei que son unha modistiña, que teño a casa chea de manequíns, e que enfío e enfío sen poder parar frases e ata oracións. Porque sei que, en todos os lugares e tempos do mundo, haberá sempre unha filo-loga, xogando co seu cazabolboretas a atrapar unha nova palabra, para facela voar.

18 Comments:
At 8:08 PM, Setembro 06, 2006,
Torreira said…
Re-dios,Re-benvida...que asi sexa e que corra o licor para asulagar ás verbas indomables
At 9:26 PM, Setembro 06, 2006,
osondaxordeira said…
Grazas por me visitar en godot. Fermoso blog. Andarei por aquí de seguidiño.
At 10:34 AM, Setembro 07, 2006,
paideleo said…
Unha das cazas máis deliciosas é a de verbas.
Boa caza.
At 1:00 PM, Setembro 07, 2006,
Gemma said…
Un fragmento precioso, tanto o de Martín Gaite coma o teu. De que libro é? Fíxome lembrar por qué estudo filoloxía.
Biquiños.
At 5:40 PM, Setembro 07, 2006,
SZ said…
fermosísimo texto o teu, eu sempre levo a miña cazabolboretas e o ilusión de encontrar…
Unha aperta
At 7:49 PM, Setembro 07, 2006,
torredebabel said…
"Porque sei que, en todos os lugares e tempos do mundo, haberá sempre unha filo-loga, xogando co seu cazabolboretas a atrapar unha nova palabra, para facela voar". Eu chamo a iso ser alguén que sabe mirar a vida, e que sabe vivila.
At 1:22 PM, Setembro 08, 2006,
Pés de naufragha said…
Graciñas a tod@s polos vosos xenerosos comentarios e... esta cita de Martín Gaite está tirada dun libro que se chama igual que un blog co que eu teño unha relación bastante especial: Nubosidad variable.
At 1:41 PM, Setembro 08, 2006,
X said…
Verdadeiramente fermoso.
At 2:06 PM, Setembro 08, 2006,
náufrago said…
Tan fermoso que eu só son capaz de imaxinarte con boina.
At 2:36 PM, Setembro 08, 2006,
fisiologus said…
¡qué bonito!
At 7:43 PM, Setembro 08, 2006,
Clara Flor said…
En Bélxica falan de papillons-mots, no argot literario. Moi fermoso. Agradecimento polos comentarios do recén chegado blog da Galiza Global.
At 9:08 PM, Setembro 08, 2006,
SurOeste said…
Que sorpresa! e eu que pensaba que era moi orixinal cando bauticei o blog...deixa a ver se non me denuncian por apropiación indebida.
Un bico, querida musa.
At 5:56 PM, Setembro 09, 2006,
Marinha de Allegue said…
Que bonito!!!. Noraboa polo post, cazar palabras que lindo...
Unha aperta grande.
:)
At 10:39 AM, Setembro 10, 2006,
Lúa- Haberlas, hailas... said…
Cazar verbas prá logo usálas prá rebatir a maldade...
At 6:08 PM, Setembro 10, 2006,
Pés de naufragha said…
Benvid@s tod@s e especialmente, os novos visitantes. Sodes moi xenerosos con estes pés de náufragha!
At 12:43 PM, Setembro 13, 2006,
náufrago said…
De xenerosos nada. O talento hai que recompensalo.
At 5:56 PM, Setembro 26, 2006,
Ra said…
Precioso taller.Saludo!
At 4:48 PM, Outubro 04, 2006,
-pirata-vermelho- said…
Borboletas portuguesas!
A fonética a mandar nas gentes...
ou o contrário?
Postar um comentário
<< Home