O que queda do naufraxio

terça-feira, outubro 17, 2006

Gales sabe...


Gales sabe a ollada dunha nena inocente, que palpa o mundo con emocion, como quen descobre unha carta antiga agochada nun escritorio; Gales sabe a carrot cake e a short bread e a doces que nunca se acaban de facer; Gales sabe a conversas que duran horas entre persoas que falan de mundos diferentes que nunca viron; Gales sabe a pier victoriano, balcon de mar, sorte de ria e sol reflectido no horizonte; Gales sabe a alumnos e alumnas dicindo, emocionados e divertidos, "ata loguinho" con sotaque britanico; Gales sabe ao pracer de ensinar por primeira vez e gozalo intensamente, a cada minuto. Mais Gales sabe tamen a ausencia: e faltan os meus pes andando polas ruas de Compostelea baixo a chuvia; as tardes de cafes interminables; os falares dos que quero; a man do avo, rexa e enrugada, e o querer da avoa, incondicional, as fins de semana; o tacto do cucurucho de castanhas na minha pel agora que xa agromou o outono. E falta sobre todo un sentir de cercania... o saber de que tenho case todo o que amo tan preto que podo berrar para que me asista.

(A foto e de Andre Kertesz)

16 Comments:

  • At 11:23 AM, outubro 17, 2006, Blogger Torreira said…

    Que ben che senta Gales naufraga...fermoso post,ainda teño as mans quentes de soster o cucurucho de castañas que acabo de ler...coidate (e un orgullo escribir o primeiro neste post tan agardado polos blogomilleiros)

     
  • At 2:03 PM, outubro 17, 2006, Anonymous Lola Villanueva said…

    Parabens polo naufraxio! Seguro que recuperas nuns dias o teu inglés e o fas moi ben ainda que non tenhas experiencia dando clase.
    So duas preguntas: Estas nun lectorado? e se e asi, en que universidade exactamente? digoo porque no DOG nº190 (2 de outubro; páx.14.776-14.777; artigo segundo) resolvese o "concurso público de méritos" para os lectorados de galego, e declaran "deserta a praza da Universidade de Bangor". Ademais, ti non estabas nas listas... En fin, xa contaras.
    biquinhos

     
  • At 10:09 AM, outubro 18, 2006, Blogger Moralla said…

    Encántame que fales de Gales...Síntome tan preto. Xa te contei que vivín alí 9 meses en Swansea, na terra do poeta DYLAN THOMAS, liches algo del??? eu hoxe ou mañá vou poñer un post del, adicareicho se queres pola túa estancia nesas paraxes. Unha aperta celta de Yoli

     
  • At 10:53 AM, outubro 18, 2006, Blogger Pés de naufragha said…

    Gracinhas Torreira e Morralla por esas sinceras palabras de benvida! Naufragar con vos e un verdadeiro pracer. A usuaria anonima pouco (ou moito) tenho que dicirlle: si, estou nun lectorado; si, estou en Bangor. Efectivamente a praza quedou deserta, polo que se abriu outro procedemento do que, se tan interesada esta, lle enssinaran ben clarinhas as actas se se achega a Secretaria Xeral de Politica Linguistica. Unha pena que alguen que se garda baixo unha identidade anonima poida tirar pedras e logo agochar a man. Unha pena que use tamen este espazo para facelo porque un blog e unha sorte de cordon umbilical que te une con outra xente que non conheces fisicamente, pero a que estimas polas imaxes, as palabras e os sentimentos compartidos no teu ou no seu espazo virtual (no que normalmente non usas a tua identidade real). Ainda asi, non penso borrar o seu comentario xa publicado porque pouco ou nada tenho que ocultar neste sentido. Que conste que o pensarei cos seguintes.

     
  • At 11:29 AM, outubro 18, 2006, Anonymous Anônimo said…

    Non é difícil imaxinar á naufragha abstraída, literariamente abstraída, polas rúas de Bangor, cun texto, cun poema, para cada instante e cada lugar. E a distancia é atenuada pola lembranza e o cariño. Que importan as distancias cando hai tantos sentimentos! Carrodemimo.

     
  • At 1:29 PM, outubro 18, 2006, Anonymous Anônimo said…

    Síntome moi aludida nese percorrido por Bangor, non porque o coñeza pero sí pola sensación de estar lonxe e sentirse tan cerca que ata oes os sons de Santiago no teu día a día.
    Direiche que Gales sabe tamén á satisfación dos éxitos e a recompensa do bo traballo e de ser unha estreliña brilante, e sabe sobre todo o teu "savoir faire" do que carecen outros moitos.
    Dicía meu avó no seu castrapo medio cubano: "Dejadlos que hablen que hablan de envidia", e tiña toda razón!
    Xa me tarda escoitarte.
    Aitana.

     
  • At 6:52 PM, outubro 18, 2006, Blogger SurOeste said…

    Lola Villanueva...Que mala uva!

     
  • At 12:19 AM, outubro 19, 2006, Blogger RAIKO said…

    Pero eres tú la que estás saboreando Gales, y la que está naufragando en una nueva orilla y la que añora, y la que siente, y son tus oídos los que escuchan ese "hata loguinho".
    Los demás, allá cada uno con sus miserias.
    Un saludo.

     
  • At 2:41 AM, outubro 19, 2006, Blogger torredebabel said…

    que ben que esteas acá de novo, en Gales pero en todas partes onde alguen che lee...

     
  • At 9:53 AM, outubro 19, 2006, Blogger Pés de naufragha said…

    Suroeste, Raiko e Torredebabel, xa vos estranhaba por estas terras naufragas! Sede benvidas e benvido!

     
  • At 12:06 PM, outubro 19, 2006, Anonymous Nilde said…

    Non deberías ofenderte pola pregunta de Villanueva; ainda despois de reler o seu post tres veces non lle vexo malas intencións, só curiosidade. Carai, se é que non se pode preguntar nada.

     
  • At 5:44 PM, outubro 19, 2006, Anonymous Marinha de Allegue said…

    Disfruta da túa estancia en Gales, dame alegría que tan pronto retomaras a comunicación.
    É un pracer pasar por aquí.

    Unha aperta.
    :)

     
  • At 9:37 PM, outubro 19, 2006, Anonymous irecha said…

    fermoso Blog , gostei moito del.Espero que volvas pronto a Santiago e en especial a Sada...e por certo non te enfades polo da preguntona esa...a envidia que xa sabemos que é moi mala!! O que lle fastidia é que non vai ir por esas terras ... e eu sí!!

    Disfruta moito do Ataloguiño á Galesa e da túa estancia por esas terras. Un bico da pequena náufraga

     
  • At 1:41 AM, outubro 27, 2006, Anonymous ro said…

    moita sorte en bangor. aproveita ben o tempo alí, q sempre é curto. e aprende galés, q é unha fermosísima lingua.

    pob luc! (boa sorte)

    asdo: unha q andivo por alí

     
  • At 12:54 AM, novembro 02, 2006, Anonymous Mar said…

    Vaia foto, vaia palabras! Gwynedd marabilloso... Aínda que estiven hai anos co teu saboroso percorrido recordei moito a miña curta estancia alí.
    Agardo poder volver pronto!

    Chuchiños

     
  • At 1:51 PM, novembro 25, 2006, Blogger sara jess said…

    as fotos impresionan

     

Postar um comentário

<< Home